Thursday 28 de March de 2024

O programa “Narón emprende en azul” promoveu unha actividade sobre comercialización de produtos da ría celebrada en Madrid


Os concelleiros de Promoción Económica, David Pita, e Feiras e Mercados, Santiago Galego, estiveron o luns e onte en Madrid para asistir á actividade “Reunións piloto para a comercialización de produtos da ría de Ferrol en Madrid”, unha proposta incluída no programa “Narón emprende en azul”, impulsado polo Concello de Narón, respaldado pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia e con financiación do GALP Golfo Ártabro Norte.

Os edís naroneses estiveron acompañados por operadores do sector da ría de Ferrol e arredores e puideron visitar distintos enclaves de gran influencia para o sector pesqueiro en Madrid. Ao mesmo tempo, coñeceron a comercialización do maior mercado pesqueiro de España, Mercamadrid, e analizaron posibles vías de introducción de produtos locais, visitando outros mercados como o de Chamartín e o da Paz.

A maiores, Pita e Galego mantiveron unha reunión coa xunta directiva de Adepesca, na que puxeron en común diferentes puntos de vista sobre esta área. A actividade, tal e como indicaron, “resultou moi proveitosa e serviu de ponte entre profesionais e o establecemento de sinerxias e liñas de colaboración moi beneficiosas”.